Search | Links | Suggest | About Us | Legal | Contact | Site map   Galego  Castellano  English  

YUV

Espazo de cor utilizado no estándar de televisión PAL, que define 3 compoñentes: o compoñente de luminosidade Y e dous compoñentes de crominancia U (vermello menos Y) e V (azul menos Y).

Categoría Gramatical: 
substantivo masculino (pote)
Exemplo: 
O sistema PAL utiliza o espazo de cor YUV.
Información complementaria: 
Tanto YIQ coma YUV son espazos de cores utilizados en NTSC e PAL, en contraste con YCbCr e YPbPr. Deseñouse para que se puidese seguir recibindo nos televisores en branco e negro (compoñente Y), mentres que a información da cor vai nunha subportadora de cor que necesita menor ancho de banda. Os erros na transmisión dos compoñentes de cor son menos perceptibles polo sistema visual humano, co cal este espazo de cor é máis adecuado có RGB para a transmisión de sinais de vídeo.
Ver tamén: 
espazo de cor; Red, Green and Blue; YIQ;
Traducions
Tradución portugués: 
YUV
Tradución castelán: 
YUV
Tradución francés: 
YUV
Tradución italiano: 
Y'UV
Tradución inglés: 
YUV
Tradución alemán: 
YUV-Farbmodell