'Protocolo punto a punto sobre Ethernet', protocolo de rede para a encapsulación PPP sobre a capa Ethernet utilizado para prover conexión de banda ancha mediante servizos de cablemódem e xDSL e que ofrece as vantaxes do protocolo PPP como son a autenticación, o cifrado e a compresión.
Categoría Gramatical:
outros nomes propios que non sexan nin antropónimos nin institucións
Abreviatura:
PPPoE
Información complementaria:
En esencia, é un protocolo túnel que permite implementar unha capa IP sobre unha conexión entre dous portos Ethernet, pero coas características do programa do protocolo PPP polo que é utilizado para "marcar" virtualmente a outra máquina dentro da rede Ethernet, logrando unha conexión "serial" con ela coa que se poden transferir paquetes IP, baseado nas características do protocolo PPP.
Ver tamén:
PPP; Point-to-Point Protocol over ATM