'Protocolo ampliable de mensaxería e presenza', protocolo aberto e ampliable baseado en XML, orixinalmente ideado para mensaxería instantánea.
Categoría Gramatical:
nome propio co que un produto que se vende, comercializa, publicita ou distribúe
Abreviatura:
XMPP
Información complementaria:
Protocolo principal da tecnoloxía Jabber. As características en canto á adaptabilidade e sinxeleza do XML son herdadas deste modo polo protocolo XMPP. A diferenza dos protocolos propietarios de intercambio de mensaxes como ICQ, Y! messenger e MSN messenger, encóntrase documentado e ínstase a utilizalo en calquera proxecto. Existen servidores e clientes libres para utilizalo sen cargo. Este é o protocolo que seleccionou Google para o seu servizo de mensaxería Google Talk.
Ver tamén:
eXtensible Markup Language