Search | Links | Suggest | About Us | Legal | Contact | Site map   Galego  Castellano  English  

convertedor de canle

Dispositivo que permite o paso de emisións dunha canle a outra, transformando a frecuencia da canle de entrada noutra distinta á saída, sen afectar ao resto de características técnicas.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Información complementaria: 
Sitúase de forma xeral na cabeceira de recepción de televisión nunha instalación, para cambiar a posición no espectro de frecuencias dunha canle de televisión recibida, coa finalidade de evitar as interferencias entre ela e outras canles adxacentes.
Traducions
Tradución castelán: 
convertidor de canal