Search | Links | Suggest | About Us | Legal | Contact | Site map   Galego  Castellano  English  

acutancia

Grao de contraste que se observa nunha imaxe no límite entre detalles que difiren pola súa luminancia ou densidade óptica.

Categoría Gramatical: 
substantivo feminino (perola)
Información complementaria: 
Canto máis contrastado sexa o límite entre unha zona escura e outra máis clara, maior é a acutancia e con ela a nitidez percibida na imaxe. A definición ou resolución da imaxe non medran cando aumenta a acutancia, pero si a capacidade para distinguir os detalles e a sensación subxectiva, que é a dun aumento de definición ou de detalle. O sistema perceptivo visual humano é capaz de distinguir detalles máis pequenos cando o seu contraste é maior.
Ver tamén: 
efecto de bandas de Mach
Traducions
Tradución portugués: 
acuidade
Tradución castelán: 
acutancia
Tradución francés: 
acutance
Tradución inglés: 
acutance
Tradución alemán: 
Akutanz; Konturenschärfe