Símbolo gráfico que normalmente representa unha cara con diversas expresións que permiten que unha persoa poida mostrar o seu estado de ánimo nun medio escrito coma o correo electrónico ou a mensaxería instantánea.
Categoría Gramatical:
substantivo feminino (perola)
Sinónimos:
emocicona; icona de emocións
Exemplo:
Sandra emprega moitas emoticonas cando fala conmigo polo chat.Información complementaria:
A palabra inglesa é un acrónimo de 'emotion' e 'icon'.