Tecnoloxía utilizada en redes de telefonía que permite a transmisión de múltiples canles telefónicas a través dun mesmo medio usando técnicas de multiplexación por división no tempo e equipos dixitais de transmisión.
Categoría Gramatical:
locución substantiva inglesa que non sexa nome comercial (Christian's expertise)
Abreviatura:
PDH
Información complementaria:
Os equipos que conforman unha rede PDH caracterízanse por permitir a transmisión de fluxos de datos que nominalmente están funcionando á mesma velocidade, pero permitindo unha certa variación ao redor da velocidade nominal grazas á forma na que mesturan as tramas e a presenza de bits de xustificación ou recheo que permiten compensar as pequenas derivas.