1. Ciencia e tecnoloxía que estuda, mide, analiza e aplica a matemática e a estatística ao modelado dos datos biolóxicos.
2. Proceso de identificación dun usuario baseado nas súas características físicas como pegadas dixitais, iris, faciana, voz, escritura ou palma da man.
Categoría Gramatical:
substantivo feminino (perola)
Sinónimos:
n/a
Abreviatura:
n/a
Exemplo:
A biometría avanzou moito nos últimos tempos: en Londres xa teñen instalado en probas sistemas de recoñecemento de facianas.Información complementaria:
De especial interese son os procesos automatizados de autentificación e identificación de individuos no campo do comercio electrónico. Ultimamente a Biometría Dinámica está a adquirir unha enorme importancia, esta mide o comportamento do usuario analizando, entre outras cousas, a sinatura manuscrita, a dinámica de presión de tecleo, a cadencia de paso, a análise xestual e o padrón de voz. Na voz pódense detectar ata os marcadores emocionais de tal sorte que facer ler un texto aleatorio a unha persoa é un método moi seguro de identificación. Máis información en: Asociación Española de Biometría Informática.
Ver tamén:
recoñecemento de faciana; recoñecemento de voz; recoñecemento de iris