Aplicación informática que permite a reprodución de arquivos de música e de vídeo nun aparello iPod.
Categoría Gramatical:
nome propio co que un produto que se vende, comercializa, publicita ou distribúe
Sinónimos:
Apple iTunes; iTunes de Apple
Exemplo:
O usuario do iPod debe utilizar iTunes para transferir os arquivos de música ao seu dispositivo.
Información complementaria:
Esta aplicación foi desenvolvida por Apple para a xestión dos arquivos multimedia nos iPod e como plataforma de acceso á súa tenda en liña denominada iTunes Store. A combinación de maiúsculas do seu nome comercial é "iTunes", aínda que ás veces pode verse grafado incorrecta ou simplificadamente como "i-Tunes" ou "ITunes". A súa pronuncia é /'aitiuns/.
Ver tamén:
iPod