Search | Links | Suggest | About Us | Legal | Contact | Site map   Galego  Castellano  English  

agrupamento de vectores

Procedemento de agrupamento ou clasificación en grupos dunha serie de elementos ou vectores segundo criterios de distancia (habitualmente), tratándose de dispor os elementos do mesmo de forma que estean máis próximos aqueles que teñan características comúns.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Sinónimos: 
agrupación de vectores; agrupación (coloquial); agrupamento (coloquial)
Exemplo: 
Os algoritmos de agrupamento úsanse en minaría de datos, nas fases iniciais de visualización.
Información complementaria: 
Un algoritmo de agrupamento permite extraer representantes dun conxunto de datos, que poden ser posteriormente usados para transmisión, para eliminación de ruído ou, cunha fase posterior de calibración, para clasificación de vectores en diferentes conxuntos. Para establecer a similitude entre os elementos do cluster utilízase normalmente unha medida de distancia. Os algoritmos de agrupamento de vectores utilízanse en moitos campos, principalmente en aprendizaxe automática, minaría de datos, recoñecemento de padróns, análise de imaxe, visión por computador, etc.
Ver tamén: 
agrupamento
Traducions
Tradución portugués: 
clustering
Tradución castelán: 
agrupamiento; clusterización; algoritmo de agrupamiento
Tradución francés: 
groupage; mise en grappe; regroupement
Tradución italiano: 
clustering; analisi dei cluster
Tradución inglés: 
clustering; clusterization
Tradución alemán: 
Clusteranalyse