Sistema de transmisión de datos e informacións diversas a través da liña telefónica e presentada nunha pantalla similar á dun televisor aínda que máis pequena.
Categoría Gramatical:
substantivo masculino (pote)
Abreviatura:
VTX
Información complementaria:
En España, o servizo telemático videotex, prestado por Telefónica, recibe o nome comercial de Ibertex. A rede de telecomunicación empregada para a transmisión de información desde os centros servidores ata a terminal do usuario é a rede Ibertex, que ao combinar a Rede Telefónica Básica (RTB) e a Rede Iberpac (rede pública de transmisión de datos), ofrece a cobertura nacional da primeira e as máis avanzadas prestacións en transmisión de datos e tarificación independente da distancia, características da segunda.