Ordenador persoal, móbil, livián e moi pequeno, prestacións reducidas, pouca capacidade de procesamento e baixo custo, deseñado para acceder a Internet a través de comunicacións sen fíos (WIFI, 3G ou GPRS).
Categoría Gramatical:
substantivo masculino (pote)
Sinónimos:
subportátil; ordenador miniportátil; ordenador suportátil; computador miniportátil; computador subportátil; computadora miniportátil; computadora subportátil
Abreviatura:
n/a
Exemplo:
Comprei un miniportátil de 8 polgadas de pantalla e 1 kg de peso. Información complementaria:
Os miniportátiles non adoitan ter lector de CD pero si interfaces de rede sen arames e Rj-45. "Netbook" foi unha marca comercial de Psion ata a liberación en 2009. O prezo dos miniportátiles rolda o 50% do dun portátil convencional.
Ver tamén:
microportátil; minitorre; ordenador portátil; Ultra Mobile Personal Computer