Onda ou fronte de onda que consegue propagarse a través de dous medios diferentes tras incidir sobre unha superficie que os separa.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Sinónimos:
onda refractada
Información complementaria:
De acordo coa Lei de Snell, a onda transmitida sempre está en fase coa onda incidente. A velocidade de propagación da fronte de onda será diferente en cada un destes medios, pois a velocidade de propagación da onda depende precisamente das características propias do medio en que se propaga.
Ver tamén:
Lei de Snell; onda; onda incidente; onda reflectida