'Biblioteca de medios aberta', especificación de programación multiplataforma para a captura, transporte, procesamento, presentación e sincronización dos medios de comunicación: gráficos 2D e 3D, audio e vídeo, entradas e saídas e creación de redes.
Categoría Gramatical:
nome propio co que un produto que se vende, comercializa, publicita ou distribúe
Abreviatura:
OpenML
Información complementaria:
É libre e de código aberto polo que calquera desenvolvedor ou empresa pode descargar de forma gratuíta a especificación OpenML co seu SDK e incluílo nos seus produtos sen ter que adquirir licenzas para o seu uso. OpenML utiliza estándares existentes e probados e, sempre que é posible, traballa dentro dos organismos de estandarización xa consolidados.
Ver tamén:
Open Graphics Library; Jahshaka