Representación dunha páxina web sen elementos gráficos só con contidos e comportamento das páxinas que se emprega como ferramenta de comunicación e discusión entre arquitectos de información, programadores, deseñadores e clientes, aínda que tamén se pode utilizar para as probas de usuarios en termos de utilizabilidade.
Categoría Gramatical:
substantivo inglés (swine)
Exemplo:
Pídelle a Xavi o wireframe da web e organiza un estudo de usuario para examinar a navegabilidade.Información complementaria:
As vantaxes de empregar wireframes son que tanto o cliente como o equipo se centran no contido e non no deseño.