Páxina que ve un usuario antes de ingresar ao contido principal do sitio web.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Sinónimos:
páxina intro; splash screen
Exemplo:
En moitas ocasións as páxinas web de introdución ou páxinas intro levan animacións flash.Información complementaria:
As páxinas web de introdución son empregadas como promoción dunha compañía, servizo ou produto, tamén para informar o usuario de que tipo de programa ou navegador cómpre usar para ver o resto das páxinas do sitio. Úsanse para elixir entre opcións como distintos países, idiomas, etc.