Páxina web que lle permite ao visitante acceder a unha lista de páxinas relacionadas cos termos introducidos.
Categoría Gramatical:
substantivo masculino (pote)
Sinónimos:
motor de busca; motor de procura
Exemplo:
Google é un dos buscadores máis empregados na actualidade.Información complementaria:
Hoxe en día, a maior parte das visitas de calquera web proceden de buscas nalgún destes servizos, polo que moitas empresas están a investir recursos en técnicas de posicionamento en buscadores. Exemplos de buscadores son Google, Yahoo ou Altavista.
Ver tamén:
optimización para buscadores