Cabeceira de recepción de TV analóxica e dixital dentro dunha rede de distribución por cable, que dispón dunha serie de antenas que reciben as canles de TV e radio de diferentes sistemas de distribución (satélite, microondas, etc.), así como de enlaces con outras cabeceiras e con redes doutro tipo que acheguen información susceptible de ser distribuída aos subscritores a través do sistema de cable.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Sinónimos:
cabeceira RF
Información complementaria:
As redes de CATV orixinalmente foron deseñadas para a distribución unidireccional de sinais de TV, polo que a cabeceira era simplemente un centro que recollía os sinais de TV e os adaptaba á súa transmisión por medio do cable. Actualmente, as cabeceiras permiten satisfacer as novas demandas de servizos interactivos e de datos a alta velocidade.
Ver tamén:
infraestrutura común de telecomunicacións; televisión de antena comunitaria