Search | Links | Suggest | About Us | Legal | Contact | Site map   Galego  Castellano  English  

código detector

Código de redundancia usado para detectar erros de comunicación e solicitar retransmisión dos datos.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Información complementaria: 
Igual que os códigos correctores, os datos extra calcúlanse a partir dos existentes e engádense a estes. Se recibimos eses datos xunto co código, compróbase a súa corrección matemática. Se coincide, suponse que os datos son correctos (a probabilidade de que varios erros cancelen a comprobación é moi baixa). Se a conta non coincide, o sistema receptor pedirá que os datos sexan retransmitidos. Os códigos detectores úsanse en sistemas onde non se poden tolerar erros pero onde si que é posible esperar por retransmisións. Por exemplo, o protocolo TCP utiliza retransmisións para asegurar a fiabilidade dos datos. Moitas veces, un mesmo algoritmo de xeración de código pode ser usado como detector ou como corrector... dependendo de como se interpreten os resultados.
Ver tamén: 
código; código corrector; código de redundancia
Traducions
Tradución castelán: 
código detector
Tradución inglés: 
error-detecting code