Pasar unha linguaxe de programación de alto ou medio nivel a un nivel intelixible para a máquina.
Categoría Gramatical:
verbo, simplemente (play), xa se subclasificarán
Información complementaria:
Esta linguaxe-máquina é a que utiliza o computador internamente para realizar operacións. Canto máis próxima estea a linguaxe coa que se programa á que utiliza a máquina, máis rápido se executará, aínda que a programación será moito máis complexa. Todas as linguaxes, interpretadas ou compiladas, teñen unha fase na que se compilan, aínda que as primeiras o fagan en pequenos bloques, o que resta eficiencia ao programa.