División das tarefas de computación de grande envergadura repartidas nun conxunto de ordenadores interconectados que se configuran para comportarse coma un único superordenador virtual.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Sinónimos:
computación en grella; computación en malla
Información complementaria:
Os resultados adoitan ser solicitados dende unha sede remota.
Cando un usuario se dirixe a ese "superordenador", non sabe a cal dos compoñentes serán dirixidos os procesos que executa, pois que o sistema tentará buscar os recursos máis axeitados e buscará unha solución se algún compoñente da malla falla ou desaparece.
Exemplos: Proxecto SETI@home, Einsteinhome, climateprediction.net