Search | Links | Suggest | About Us | Legal | Contact | Site map   Galego  Castellano  English  

conmutación espacial

Conmutación telefónica baseada en lograr unha unión física (a nivel de continuidade eléctrica) entre o teléfono chamante e o chamado.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Exemplo: 
A conmutación espacial é o sistema máis antigo.
Información complementaria: 
Foi a primeira conmutación que existiu e actualmente está en desuso. Os primeiros conmutadores eran manuais baseados nun operador humano que conectaba o circuíto de entrada co de saída. Despois xurdiron os primeiros sistemas automáticos que usaban elementos mecánicos como discos rotatorios ou barras cruzadas para lograr unha unión eléctrica.
Ver tamén: 
conmutación temporal
Traducions
Tradución castelán: 
conmutación espacial
Tradución inglés: 
spatial switching