Search | Links | Suggest | About Us | Legal | Contact | Site map   Galego  Castellano  English  

decibel-miliwatt

Decibel relativo a un miliwatt, utilízase para indicar o nivel do sinal sen estar asociado ao concepto de amplificación ou atenuación, xa que non relaciona os portos de entrada ou saída dun sistema.

Categoría Gramatical: 
unidade de medida, do sistema internacional ou non (a súa abreviación é un símbolo sen punto nin plural: kg)
Exemplo: 
A amplificación ou atenuación nunca se expresan en dBm, senón en dB.
Información complementaria: 
Non é o mesmo dicir dBm que DBM. En telecomunicacións, así como na notación científica internacional, a existencia de letras maiúsculas ou minúsculas utilízase para dar sentido ao termo ou expresión de siglas. Isto é moi importante para entenderse entre distintos países fronte ao mesmo concepto ou definición, independentemente de que teñan diferente alfabeto de procedencia.
Ver tamén: 
decibel; decibel-watt
Traducions
Tradución portugués: 
dBm
Tradución castelán: 
dBm
Tradución francés: 
dBm
Tradución italiano: 
dBm
Tradución inglés: 
dBm; dBmW
Tradución alemán: 
dBm