En teoría do sinal, bloque teórico que se encarga de estimar o símbolo recibido dunha canle ruidosa.
Categoría Gramatical:
substantivo masculino (pote)
Información complementaria:
Hai moitos tipos de decisores, tantos como criterios desexemos establecer para a detección dunha secuencia ou dun símbolo illado. Matematicamente correspóndese a unha función que ten en conta os valores achegados, o ruído, e o criterio aplicado. A entrada ao decisor chámase "estatístico suficiente" porque é unha variable aleatoria coa que se pode estimar o símbolo recibido.