Cociente entre a potencia total radiada pola antena e a potencia total subministrada a esta.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Sinónimos:
n/a
Abreviatura:
n/a
Exemplo:
n/aInformación complementaria:
A potencia total radiada é igual á potencia total subministrada menos as perdas disipativas da antena. Estas perdas inclúen as reflexións por desaxuste entre a liña de transmisión e a antena, perdas de condución e perdas do dieléctrico. Estas dúas últimas obtéñense por medición experimental directa, pois son difíciles de predicir con fiabilidade. O conxunto destas perdas agrúpanse co coeficiente de reflexión e determinan a eficiencia de radiación, usada para relacionar a directividade coa ganancia da antena.
Ver tamén:
coeficiente de reflexión; directividade; ganancia de antena