Dispositivo eléctrico capaz de crear e manter unha diferenza de potencial ou voltaxe constante entre dous puntos, o que fai circular a corrente cando se conecta un circuíto aos bornes e, polo tanto, posibilita que o circuíto funcione.
Categoría Gramatical:
substantivo masculino (pote)
Sinónimos:
fonte; fonte de alimentación
Abreviatura:
n/a
Exemplo:
Os cargadores dos móbiles e os dos ordenadores portátiles son exemplos de xeradores.Información complementaria:
Todos os elementos dun circuíto consomen enerxía agás o xerador que proporciona enerxía para que a consuman os demais. Por suposto, esa enerxía debe tomala dalgún sitio, por exemplo:
- As fontes que se usan nun laboratorio ou nos dispositivos domésticos toman a enerxía da rede eléctrica (corrente alterna) e xeran corrente continua (tensión constante). Un exemplo sinxelo de fontes deste tipo son os cargadores de baterías.
- Os alternadores reciben enerxía mecánica de calquera sistema que produza un movemento circular e transfórmana en corrente alterna, tensión variable segundo unha función senoidal. Un exemplo son os alternadores dos automóbiles ou os enormes alternadores das centrais eléctricas, onde a circulación de auga ou de vapor fai mover o alternador. Outro exemplo de alternador son os xeradores de emerxencia utilizados en edificios como hospitais, etc. onde un motor de gasolina ou diésel xera a enerxía mecánica.
En xeral todo xerador tranforma algún tipo de enerxía en enerxía eléctrica.
Ver tamén:
voltaxe