Search | Links | Suggest | About Us | Legal | Contact | Site map   Galego  Castellano  English  

sistema global de comunicacións móbiles (duplicada 1)

Estándar europeo para comunicacións móbiles dixitais, permitindo tanto a transmisión de voz como a de datos e mensaxes curtas.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Sinónimos: 
GSM
Información complementaria: 
O sistema GSM é a segunda xeración de comunicacións móbiles (2G, 1G=voz analóxica, 2G=voz dixital, 2.5G=voz e datos dixitais, 3G=servizos de datos avanzados). GSM incorporou varias técnicas de comunicación novas para a súa época de arranque (1995): en GSM o terminal emite só coa potencia necesaria para chegar á estación base máis próxima (así conséguese aforrar batería); a cada usuario asígnaselle unha canle con dobre compartición (en tempo e frecuencia), deste xeito conséguese un maior aproveitamento do espazo radioeléctrico. GSM tamén realiza unha codificación dixital do sinal de voz para comprimilo ata unha velocidade de transmisión de 13000 bits por segundo.
Ver tamén: 
Global System for Mobile communications-Railway
Traducions
Tradución portugués: 
Sistema Mundial de Comunicações Móveis; GSM
Tradución castelán: 
Sistema Global para Comunicaciones Móviles
Tradución francés: 
GSM; Système global de communications mobiles
Tradución italiano: 
Sistema mondiale di comunicazioni mobili; GSM; Global System for Mobile communications
Tradución inglés: 
Global System for mobile communications; GSM
Tradución alemán: 
globales Mobilfunksystem; GSM