Search | Links | Suggest | About Us | Legal | Contact | Site map   Galego  Castellano  English  

servizo xeral de radiocomunicación por paquetes

Estándar de servizo de conmutación de paquetes por circuítos virtuais para a transmisión e recepción de datos a través das redes GSM e IS-136.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva inglesa que non sexa nome comercial (Christian's expertise)
Sinónimos: 
servizo xeral de paquetes vía radio
Abreviatura: 
GPRS
Información complementaria: 
A diferenza dos servizos de conmutación de circuítos convencionais previos, utiliza conmutación de paquetes por circuítos virtuais. Tarífase por volume de datos en lugar de por tempo. A velocidade de carga e descarga depende do servizo que presta a compañía e do terminal. Deste xeito, pódese ter GPRS cunha velocidade de subida de 20 kbit/s e de baixada de 80 kbit/s ou de 40-60 kbit/s. GPRS mellorouse dando lugar ao EGPRS ("Enhanced GPRS", máis coñecido por EDGE, "Enhanced Data rates for GSM Evolution"). GRPS deu inicio ao que se chamou telefonía 2,5G, pois daba un salto cualitativo sobre o GSM estándar ao dotalo dunha conexión de datos máis eficiente, xa que o GSM puro utilizaba Circuit Switched Data cuxa velocidade de subida e de baixada era de 9,6 kbit/s. Realmente o paso a 2,5G fíxose a través de High-Speed Circuit-Switched Data, sistema de transmisión de datos que permite velocidades de subida/baixada de 14,4-28,8 e 14,4-43,2 kbit/s respectivamente.
Ver tamén: 
sistema global de comunicacións móbiles; 2,5G
Traducions
Tradución portugués: 
Serviço de Radio de Pacote Geral; General Packet Radio Service; GPRS
Tradución castelán: 
servicio general de paquetes vía radio; General Packet Radio Service; GPRS
Tradución francés: 
service général de radiocommunication par paquets; service GPRS
Tradución italiano: 
sistema di trasmissione radio a pacchetto; GPRS; General Packet Radio Service; GPRS
Tradución inglés: 
General Packet Radio Service; GPRS
Tradución alemán: 
General Packet Radio Service; GPRS