Unidade de indución magnética do Sistema internacional.
Categoría Gramatical:
unidade de medida, do sistema internacional ou non (a súa abreviación é un símbolo sen punto nin plural: kg)
Abreviatura:
H
Información complementaria:
Nomeada "henry" en honra do físico norteamericano Joseph Henry. A indución é a capacidade dos campos magnéticos variables para inducir ou crear tensións e correntes nos condutores que se atopen na súa zona de influencia. Tamén é posible o proceso inverso: xerar campo a partir dunha corrente. A indutancia é a propiedade circuital das bobinas e adóitase representar coa letra L.
Ver tamén:
indución magnética; indutancia; Sistema Internacional; solenoide