Instalación normalizada que existe para o acceso aos servizos de telecomunicacións en inmobles de nova construción cunha comunidade de propietarios.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Abreviatura:
ICT
Exemplo:
A ICT é de obrigado cumprimento.Información complementaria:
Debe cumprir como mínimo as seguintes funcións: captación e adaptación dos sinais de radiodifusión sonora e televisión terrestre e a súa distribución ata os puntos de conexión sitos nas distintas vivendas ou locais. Debe tamén proporcionar o acceso á telefonía dispoñible ao público, proporcionar o acceso fixo sen fíos e o acceso ao servizo de telecomunicacións de banda larga.