Asociación internacional sen ánimo de lucro que agrupa enxeñeiros eléctricos, electrónicos, de computación, de informática e de telecomunicación para promover a creatividade, desenvolvemento, integración e intercambio de coñecemento nas súas áreas.
Categoría Gramatical:
nome propio de asociacións, empresas, organizacións e sociedades
Sinónimos:
n/a
Abreviatura:
IEEE
Exemplo:
n/aInformación complementaria:
Mediante a súa actividade de publicacións, conferencias e normalización baseada no consenso, o IEEE produce máis do 30% da bibliografía publicada no mundo sobre enxeñaría eléctrica, computación, telecomunicación ou enxañería de control, informática, biomédica e espacial, e gañou unha fama de recoñecido prestixio e innovación. Posúe máis de 900 estándares, innumerables grupos de traballo e asociacións internas que organizan preto de 350 conferencias anuais. As súas orixes remóntanse a 1884, con figuras coma a de Thomas Alva Edison e Alexander Graham Bell. En 1963 adoptou o seu nome actual ao se fusionaren as asociacións AIEE (American Institute of Electrical Engineers) e o IRE (Institute of Radio Engineers).
Ver tamén:
Organización internacional para a estandarización