Aparato de medida preparado para analizar os sinais recibidos, xeralmente por radio, que emprega unha antena receptora, denominada antena padrón.
Categoría Gramatical:
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Exemplo:
Unha aplicación moi coñecida dos medidores de campo é comprobar as tomas de televisión nun edificio acabado de construír.Información complementaria:
O medidor de campo é quen de medir a intensidade de campo presente no aire, pero tamén o nivel de sinal (en volt) que hai nunha toma de antena situada na parede. Ademais pode facer análises complexas sobre eses sinais como, por exemplo, calcular os compoñentes en frecuencia.
Ver tamén:
campo eléctrico