Sistema electrónico dixital que integra nun so chip as funcións aritméticas e de control dun ordenador, segundo a arquitectura de Von Neumann.
Categoría Gramatical:
substantivo masculino (pote)
Abreviatura:
micro
Exemplo:
Debido ao seu uso nos ordenadores persoais, os microprocesadores máis coñecidos son os da serie do 8086 (fabricados por Intel): 8086, 8088, 80286, 80386, 80486 e as diferentes versións de Pentium.Información complementaria:
Un microprocesador sempre necesita dunha memoria externa para ser operativo. Actualmente, non só se usan en ordenadores senón tamén noutros sistemas de control integrados en satélites, vehículos e mesmo xoguetes ou electrodomésticos (aínda que nestas últimas aplicacións son máis comúns os microcontroladores).
Ver tamén:
microcontrolador; ordenador; procesador gráfico; unidade central de procesamento; unidade de coma flotante