Problema que consiste en que que os receptores de radiofrecuencia reciban múltiples réplicas do sinal enviado, debidas aos rebotes deste en diferentes obstáculos: chan, mar ou outras masas de auga, edificios, etc.
Categoría Gramatical:
substantivo masculino (pote)
Exemplo:
A modulación OFDM foi desenvolvida para evitar os problemas de multitraxecto.Información complementaria:
O multitraxecto é un problema que hai que ter en conta en todas as comunicacións terrestres por radio (as que non usan enlaces de satélite). Por exemplo, tense en conta na radio dixital, televisión dixital terrestre, comunicacións móbiles e nos sistemas WiFi e WiMax (servizos de redes de datos sen fíos).
Ver tamén:
multiplexación por división de frecuencias ortogonais; Television dixital terrestre; wi-fi; World Interoperability for Microwave Access