Sinal electromagnético capaz de propagarse polo aire, polo baleiro ou por medios dieléctricos.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Sinónimos:
radiación electromagnética
Exemplo:
Todos os aparatos eléctricos producen ondas electromagnéticas.Información complementaria:
As magnitudes fundamentais dunha onda electromagnética son dúas: o campo eléctrico e o magnético que sempre son perpendiculares. Segundo a dirección do campo eléctrico defínese a polarización da onda: horizontal, vertical ou circular (dirección non constante).
O parámetro máis importante dunha onda é a súa frecuencia xa que define como se vai propagar e outras propiedades importantes. As ondas de frecuencia no intervalo visible son coñecidas como ondas luminosas ou luz.
Outra propiedade determinada pola frecuencia é a enerxía por fotón; para certos efectos, pódese supoñer que a enerxía da onda viaxa en unidades discretas chamadas fotóns. A enerxía por fotón aumenta coa frecuencia. A frecuencias moi altas os fotóns poden chegar a ionizar os átomos da materia (radiacións ionizantes). A exposición a radiacións ionizantes ten efectos nocivos sobre a saúde humana e animal. Estas radiacións non se empregan en telecomunicacións. Son exemplos delas os raios X empregados en medicina e os raios gamma desprendidos polo núcleo das centrais nucleares. O resto das ondas electromagnéticas só teñen un efecto probado sobre a materia orgánica: o térmico e segundo a OMS non son daniñas. Todas as ondas electromagnéticas son radiacións. Só as ionizantes reciben o nome de radioactividade.
Ver tamén:
campo eléctrico; campo magnético