Onda formada pola interferencia de dúas ondas da mesma natureza que avanzan en sentido oposto a través dun medio con igual amplitude, lonxitude de onda e frecuencia.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Información complementaria:
As ondas estacionarias permanecen confinadas nun espazo (corda, tubo con aire, membrana, etc.). A amplitude da oscilación para cada punto depende da súa posición, mais a frecuencia é a mesma para todos e coincide coa frecuencia das ondas que interfiren.
Hai puntos que non vibran (nodos) e permanecen inmóbiles e estacionarios, mentres que outros (antinodos) fano cunha amplitude de vibración máxima, igual ao dobre da amplitude das ondas que interfiren, e cunha enerxía máxima.
O nome de onda estacionaria provén da aparente inmobilidade dos nodos. A distancia que separa dous nodos ou dous antinodos consecutivos é media lonxitude de onda.
Ver tamén:
onda; onda incidente; onda reflectida