Onda ou fronte de onda producida tras incidir na superficie de separación entre dous medios, producindo a reflexión da onda incidente cara ó medio do cal proviña.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Información complementaria:
Pola segunda Lei de Snell, o ángulo de incidencia e o de reflexión son iguais. A onda reflectida interfire coa onda incidente en forma construtiva ou destrutiva. Os puntos onde se produce interferencia destrutiva denomínanse nodos e as zonas onde se produce interferencia construtiva denomínanse antinodos.
Ver tamén:
antinodo; lei de Snell; nodo; onda; onda incidente; onda transmitida