Sistema de cifraxe de chave pública baseada na factorización de números moi grandes.
Categoría Gramatical:
nome propio co que un produto que se vende, comercializa, publicita ou distribúe
Abreviatura:
RSA
Información complementaria:
As siglas RSA corresponden aos nomes dos seus creadores, Rivest, Shamir e Adleman. O algoritmo RSA xera dúas chaves, unha pública e outra privada. Cando o emisor desexa enviarlle unha mensaxe a un receptor concreto, colle a chave pública e cifra a mensaxe con ela. Só o receptor mediante a súa chave privada o pode descifrar.