Search | Links | Suggest | About Us | Legal | Contact | Site map   Galego  Castellano  English  

Global System for Mobile communications-Railway

Variante do estándar GSM 900 para as comunicacións entre ferrocarrís e terra.

Categoría Gramatical: 
substantivo masculino (pote)
Abreviatura: 
GSM-R
Información complementaria: 
Funciona con frecuencias por baixo do estándar GSM. É un sistema TDMA que utiliza oito rañuras de tempo en cada portadora. Soporta comunicacións de voz e datos a través de circuítos conmutados de datos (14,4 kbit/s). Á parte, debido aos elevados requirimentos de seguridade, engádense servizos específicos para ferrocarrís, entre os que cabe mencionar: elementos avanzados en chamadas de voz (ASCI ou Advanced Speech Call Item), chamadas de urxencia de ferrocarril, aplicacións de diagnóstico por radio e transmisión de datos para control e seguridade (ETCS ou European Train Control System).
Ver tamén: 
European Rail Traffic Management System; sistema global de comunicacións móbiles