Periférico que introduce debuxos a man alzada no ordenador por tratarse dunha superficie plana similar a un papel na que o usuario pode debuxar utilizando un lapis especial, e a imaxe aparece directamente na pantalla do ordenador.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Sinónimos:
táboa dixitalizadora; tableta gráfica; táboa gráfica
Exemplo:
Unha das aplicacións das táboas dixitalizadoras atópase na creación de debuxos dixitais para xogos.Información complementaria:
Tamén se poden empregar para capturar información e sinaturas feitas a man.Segundo a tecnoloxía hai dous tipos de táboas:
- As pasivas, nas que o lápis é un dispositivo pasivo (sen alimentación) e é a táboa a que o localiza utilizando técnicas de RF.
- As activas, nas que o lapis é unha pequena antena.
Ver tamén:
tarxeta de expansión; tarxeta gráfica; tarxeta de son