Search | Links | Suggest | About Us | Legal | Contact | Site map   Galego  Castellano  English  

User Datagram Protocol

'Protocolo de datagramas de usuario', protocolo de nivel 4 da arquitectura tcp/ip que non realiza un control moi exhaustivo das comunicacións limitándose a detectar os paquetes de datos erróneos e a descartalos, sen tentar corrixir os erros. En particular non garante a orde nin a integridade da información.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva inglesa que non sexa nome comercial (Christian's expertise)
Sinónimos: 
n/a
Abreviatura: 
UDP
Exemplo: 
O UDP e o TCP son os protocolos do nivel de transporte en Internet.
Información complementaria: 
UDP foi pensado para usar en redes locais que son moi fiables e onde non era necesario utilizar o protocolo TCP (que é máis lento debido a que realiza moitas comprobacións). Debido á evolución histórica dos protocolos de rede, actualmente algúns servizos (correo-e, www ...) realízanse sempre utilizando TCP e outros utilizan UDP (voz sobre IP, DNS). Como regra xeral o UDP vaise usar cando a rapidez é máis importante que a fiabilidade. Por exemplo: na voz é importante que a conversa continúe, se perdemos un segundo non ten sentido retransmitir para repetilo despois.
Ver tamén: 
Internet Protocol; Transmission Control Internet; Transmission Control Internet/Internet Protocol
Traducions
Tradución portugués: 
User Datagram Protocol; UDP
Tradución castelán: 
User Datagram Protocol; UDP
Tradución francés: 
User Datagram Protocol; UDP
Tradución italiano: 
User Datagram Protocol; UDP
Tradución inglés: 
User Datagram Protocol; UDP
Tradución alemán: 
User Datagram Protocol; UDP