Estándar de conexión serie que permite "enchufar en quente" periféricos a un computador.
Categoría Gramatical:
locución substantiva inglesa que non sexa nome comercial (Christian's expertise)
Abreviatura:
USB
Exemplo:
Vou mercar un dispositivo con conexión USB.Información complementaria:
Deseñado por Compaq, Dixital, Intel, NEC, IBM e Northem Telecom en 1993. A primeira versión comercial, 1.1, permitía velocidades de transferencia de 12 megabytes por segundo (96 megabits por segundo) ata a 2.0 con 480 megabytes por segundo (3840 bits por segundo). As velocidades típicas adoitan ser bastante inferiores. Na primeira versión permitíanse engadir teoricamente ata 127 dispositivos, aínda que na práctica non máis de 8 por problemas de corrente. Existe o formato tipo A, plano e rectangular, e o tipo B, pequeno e cadrado, adaptado para dispositivos portátiles. O competidor do USB é o Firewire que aínda que menos estendido, ten mellores prestacións para cantidades moi grandes de datos.
Ver tamén:
FireWire; Universal Serial Bus on the go