Dispositivo da electrónica baseado en facer o baleiro dentro dunha ampola de vidro e colocar varios eléctrodos no interior.
Categoría Gramatical:
substantivo feminino (perola)
Exemplo:
As válvulas foron substituídas polos transistores en case todas as aplicacións, pero aínda quedan algunhas aplicacións nas que non foron superadas e se seguen a utilizar como nos amplificadores.Información complementaria:
O nome completo sería válvula termoiónica ou válvula de baleiro. Nunha válvula sempre haberá un eléctrodo próximo a un filamento de tungsteno (filamento de caldeo). Cando ese filamento quente o eléctrodo fará que poida emitir electróns (efecto descuberto por Thomas Edison). O eléctrodo quente é, polo tanto, o negativo (cátodo). Obrigatoriamente sempre haberá un que recolla eses electróns, eléctrodo positivo (ánodo). A válvula que só ten ánodo e cátodo é un díodo (só conduce nun sentido). Segundo o tipo de válvula pode haber outros eléctrodos (grellas) situados entre ánodo e cátodo: tríodo (unha grella), tétrodo (dúas), etc.
Ver tamén:
ánodo; cátodo; díodo; tríodo; tétrodo; péntodo