Comunicación bidireccional simultánea de audio e vídeo que permite manter reunións con grupos de persoas situadas en lugares afastados entre si e, adicionalmente, pode ofrecer facilidades telemáticas ou doutro tipo como o intercambio de informacións gráficas, imaxes fixas, transmisión de ficheiros desde o ordenador, etc.
Categoría Gramatical:
substantivo feminino (perola)
Información complementaria:
O núcleo tecnolóxico usado nun sistema de videoconferencia é a compresión dixital dos fluxos de audio e video en tempo real. A súa implementación proporciona importantes beneficios como o traballo colaborativo entre persoas xeograficamente distantes e unha maior integración entre grupos de traballo.