Algoritmo que detecta optimamente as secuencias xeradas mediante unha máquina de estados finitos.
Categoría Gramatical:
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Información complementaria:
As secuencias de bits non só teñen unha distancia euclídea entre símbolos, senó en que tamén se ten en conta a distancia euclídea entre secuencias. Isto fainos moi robustos en canles moi ruidosas, xa que para detectar o símbolo recibido se mide a distancia da secuencia que vén definida por unha máquina de estados finitos, a cal limita ante un símbolo novo as posibles transicións tendo en conta as anteriores. Adoitan ser lentos porque, como os símbolos proveñen dunha máquina de estados finita, teñen que medir a distancia mínima e pescudar o camiño con menos peso (o máis probable). Utilízanse sobre todo en radiodifusión dixital (do mesmo xeito que os códigos reixa).
Ver tamén:
máquina de estados finitos