Search | Links | Suggest | About Us | Legal | Contact | Site map   Galego  Castellano  English  

Wireless Application Protocol

Protocolo deseñado para ser independente do operador, orientado a transaccións en redes de comunicación sen fíos (inicialmente pensado para GSM).

Categoría Gramatical: 
locución substantiva inglesa que non sexa nome comercial (Christian's expertise)
Sinónimos: 
Protocolo para aplicacións sen fíos
Abreviatura: 
WAP
Exemplo: 
n/a
Información complementaria: 
O WAP, agora xa en desuso, comezou a desenvolverse co GPRS ata o UMTS. Daquela os terminais non contaban con pantallas gráficas suficientemente grandes para a súa visualización. Ao tempo foron xurdindo tecnoloxías como o HSDPA (3.5G) e a HSUPA (3,75G) que achegan máis velocidade de transmisión aos dispositivos móbiles. No principio o acceso aos servizos WAP facíase mediante hiperenlaces e estas páxinas non eran moi ‘pesadas’ para as velocidades daquela (14,5 kbits/s). O protocolo WAP utilizaba un subconxunto da linguaxe XHTML, o XHTML-Mobile Profile co gallo de facer máis rápidas e sinxelas as comunicacións coas limitacións existentes daquela.
Traducions
Tradución portugués: 
Wireless Application Protocol; WAP; protocolo para aplicações sem fio
Tradución castelán: 
Wireless Application Protocol; WAP
Tradución francés: 
protocole d'application sans fil
Tradución italiano: 
Wireless Application Protocol; WAP
Tradución inglés: 
Wireless Application Protocol; WAP
Tradución alemán: 
Wireless Application Protocol; WAP