Estrutura de datos en serie ordenada na que o primeiro elemento en entrar é o primeiro elemento en saír.
Categoría Gramatical:
substantivo feminino (perola)
Sinónimos:
fila; fileira; ringleira
Exemplo:
O servizo de venda de entradas para o concerto xestiona os pedimentos de compra almacenándoos nunha cola.Información complementaria:
Polo seu xeito de funcionar, esta estrutura de datos tamén é coñecida co acrónimo de FIFO, proveniente do inglés "First In First Out", xa que o primeiro elemento en entrar na estrutura de datos é o primeiro en saír dela.
Ver tamén:
estrutura de datos; morea