Sistema informático provisto dun programa que lles permite aos usuarios conectarse e autenticarse no sistema empregando un programa de terminal.
Categoría Gramatical:
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Sinónimos:
taboleiro electrónico
Exemplo:
Os taboleiros virtuais tiveron o seu máximo esplendor na década dos 90.Información complementaria:
Tras acceder ao sistema, o usuario pode realizar múltiples funcións: intercambio de mensaxes, lectura de novas, subida ou descarga de datos, xogos en liña, salas de conversa, etc. Pódese dicir que son os precursores dos actuais foros.
Ver tamén:
encerado dixital; foro