'Corporación de Internet para os nomes e números asignados', organismo sen ánimo de lucro que supervisa certas tarefas de administración e xestión de Internet.
Categoría Gramatical:
nome propio de asociacións, empresas, organizacións e sociedades
Abreviatura:
ICANN
Exemplo:
As controversias pola posesión dos dominios de ámbito mundial resólveas sempre a ICANN.Información complementaria:
Entre as funcións que desempeña están a asignación de direccións IP e de identificadores de protocolo, a xestión e a administración dos servidores raíz DNS ou a xestión das políticas de dominios xenéricos de nivel superior e de dominios asignados a Estados.
Ver tamén:
dominio; Internet Assigned Numbers Authorithy