Técnicas de desenvolvemento web que teñen como obxectivo mellorar a posición dun determinado sitio web na lista de resultados dos motores dos buscadores.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Sinónimos:
optimización para motores de busca; posicionamento en buscadores; técnicas SEO
Abreviatura:
n/a
Exemplo:
Xoán empregou a optimización para os buscadores coa idea de busca para que a súa páxina se posicionase mellor en Google.Información complementaria:
As técnicas SEO úsanse normalmente en sitios web que ofrecen produtos ou servizos con moita competencia, buscando mellorar o posicionamento fronte a estes.
Para conseguir o posicionamento hai que seguir tres fases: sendo conscientes de que non todas as tecnoloxías de creación web son igual de efectivas de cara ao posicionamento en buscadores, débese elixir aquela que máis interese, chegando a un compromiso entre a aparencia e funcionalidade da web por un lado e as vantaxes de cada unha no eido do posicionamento; unha vez elixida a tecnoloxía, desenvólvese a web optimizando o seu código interno para aproveitar aquelas técnicas que favorezan o obxectivo; e, unha vez rematada a web, farase o traballo de promoción para conseguir que outras webs insiran enlaces na acabada de crear e faranse tamén pequenos cambios no contido da web para continuar o traballo de posicionamento.
Ver tamén:
Social Media Marketing; Social Media Optimization